No BNG somos republican@s galeg@s
O BNG como forza nacionalista galega somos republicanos e estamos a favor dunha república que deberá ser unha República Galega
O debate entre República e Monarquía é estéril para Galiza se o Estado Español segue a ser centralista e non recoñece o poder de decisión e de soberanía de Galiza
O BNG chama a todas as galegas e galegos para que traballen nesta dirección e para evitar, tal e como pasou na transición, que Galiza sexa anulada
O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, en relación coa abdicación do rei español, manifestou que o cambio de protagonistas non implica o cese ou desaparición dunha institución caduca e antidemocrática como a monarquía.
Ademais, sinalou Carril, que o BNG como forza nacionalista galega, somos republicanos e estamos a favor dunha República que deberá ser unha República Galega.
Para alén diso, o portavoz do BNG na Coruña afirmou, que o debate que agora se vai abrir respecto de Monarquía ou República será estéril para os intereses de Galiza, se o Estado español segue a ser un estado centralista, sen recoñecer o seu carácter plurinacional, e sen recoñecer o poder de decesión e de soberanía de Galiza e das outras nacións como Catalunya e Euskal-Herria.
Somos republicanos e estamos a favor dunha República que deberá ser unha República Galega
O BNG chama a todas as galegas e galegos para que traballen na dirección de loitar polo dereito a decidir e pola soberanía de Galiza e para evitar, tal e como pasou na transición, que Galiza sexa anulada.
Deste xeito o BNG fai un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, para se concentrar a cidadanía galega ás 20.00 horas nas cidades e vilas do noso país, polo dereito a decidir e por Galiza pola República. Na nosa cidade esta concentración celebrarémola diante da sede da Delegación do Goberno de España, na praza de Ourense.