O BNG chama a participar na performance reivindicativa contra a LOMCE
A Coruña, 3 de xuño de 2014- O Bloque Nacionalista Galego da comarca da Coruña chama a cidadanía a se sumar á performance de carácter festivo e reivindicativo que convoca para mañá, mércores, 4 de xuño, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que o BNG forma parte.
O acto, que consistirá nunha divertida parodia que representará o ensino que nos vén enriba coa LOMCE, terá lugar a partir das 19h no Obelisco. Un grupo de artistas reproducirá unha intervención da troika educativa que pretende devolvernos á educación franquista.