O gasto a mancheas do Goberno Municipal do PP que pagaremos todas e todos
O modificativo de crédito do goberno municipal evidencia máis unha vez que a xestión do partido popular é ineficiente e irresponsábel, ao contrario do que el presume.
O BNG pon de manifesto que o modificativo de crédito ten como finalidade pagar, principalmente, facturas xeradas na propia etapa de goberno do Partido Popular no ano 2013
1.865.794,92 de euros van destinados a financiar gastos da Compañía de Tranvías por ser insuficiente o crédito orzamentario previsto polo Goberno Municipal, cuxa insuficiencia xa tiña denunciado o propio interventor
A UTE ALBADA (planta de Nostián), que vai cobrar neste modificativo de crédito 385.989,56 euros, denuncia xudicialmente ao Concello pola aprobación do canon provisional aplicábel aos distintos tramos e toneladas, mentres que o Concello da Coruña se abstén de intervir administrativamente esta concesión e explotar a planta por conta da UTE Albada
O Grupo Municipal do BNG afirma que o modificativo de crédito por valor de 5,1 millóns de euros, aprobado esta mañá en Xunta de Goberno Local, evidencia que a xestión do Partido Popular á fronte do Concello da Coruña é ineficiente e irresponsábel, ao contrario do que o Goberno municipal presume. E é que este modificativo de crédito, advirten as nacionalistas, ten como principal finalidade a de pagar facturas do ano 2013, xeradas na propia etapa de Goberno do PP e que non estaban recollidas no orzamento municipal.
Así, nesta primeira análise, o BNG sinala que dos 5,1 millóns de euros do modificativo, 3,86 millóns (é dicir, máis da metade) están dirixidos a financiar gastos que non contan con crédito orzamentario suficiente. Desta cantidade, 3,81 millóns corresponden a obrigas que esixen dotación de crédito.
1.865.794,92 de euros son para a Compañía de Tranvías, que segue a desangrar o Concello mentres non se revise a concesión, por ser insuficiente o crédito orzamentario previsto polo Goberno Municipal, cuxa insuficiencia xa tiña denunciado o propio interventor
O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que dos 3,81 millóns dirixidos a pagar gastos que esixen dotación de crédito, case dous millóns, son para a Compañía de Tranvías. Concretamente 1.865.794,92 euros corresponden a subvencións que recibe a Compañía polas facturas xeradas por persoas usuarias do servizo urbano de transporte colectivo e que pertencen aos meses de outubro, novembro e decembro de 2013, etapa do actual Goberno municipal do PP.
Ademais de certificar unha mala previsión orzamentaria, demóstrase que a actual concesión supón unha sangría económica para o Concello mentres non se revise. O propio interventor, reafirmándose no dito a respecto da aprobación dos orzamentos municipais de 2014, sinala agora no seu informe a respecto deste modificativo de crédito que é unha evidencia a necesidade dunha mellor e máis axustada orzamentación inicial dos créditos que amparen os gastos desta natureza que se estimen se vaian realizar.
A UTE ALBADA (planta de Nostián), que vai cobrar neste modificativo de crédito 385.989,56 euros, denuncia xudicialmente ao Concello pola aprobación do canon provisional aplicábel aos distintos tramos e toneladas
A Xunta de Goberno Local desta mañá pon de manifesto ademais dúas cousas en relación coa concesión da planta de residuos de Nostián que xestiona a UTE ALBADA. Unha relativa ao modificativo de crédito, e outra relativa ao persoamento do Concello da Coruña por ter sido denunciado xudicialmente pola propia UTE ALBADA.
Resulta que a UTE ALBADA vai cobrar neste modificativo de crédito 385.989,56 euros por axuste do canon ao tramo 150.000 até 159.999 euros TM/ano correspondente ao total anual 2013, por regularización por salto do tramo no contrato de tratamento e eliminación de residuos de Nostián no exercicio 2013, tendo en conta que non había crédito adecuado suficiente para facer fronte a estes gastos. Mais resulta tamén que a UTE ALBADA non está conforme co acordo da Xunta de Goberno Local de 27 de decembro de 2013 pola cal se aprobou o canon provisional aplicábel aos distintos tramos de toneladas que puidesen ingresar para o seu tratamento na planta de Nostián.
Malia os seus incumprimentos, a UTE ALBADA segue a cobrar do Concello da Coruña, que ten pagar facendo modificativos de créditos, e denuncia agora ao propio Concello da Coruña, resulta que o Goberno Local se abstén de intervir administrativamente esta concesión e explotar a planta por conta da UTE ALBADA.