Contra a monarquía española, pola soberanía e pola República de Galiza!!!
A Coruña, 10 de xuño de 2014- O BNG da comarca da Coruña participará na concentración do nacionalismo que terá lugar ás 20h no Obelisco baixo o lema Contra a monarquía española, pola soberanía e pola República de Galiza.
O Bloque defende que a Galiza de nada lle serve que se mude o artigo primeiro da Constitución, de tal xeito que da monarquía se pase á república se, en cambio, permanece inmutábel o artigo segundo no que se consagra a indivisíbel unidade de España. En Galiza precisamos un cambio de modelo que nos permita ter ferramentas para resolver os problemas da cidadanía, as que aporta ter un Estado propio se así o queren os galegos e galegas, sinala o BNG.
Precisamente, o BNG presentou unha emenda á totalidade ao Proxecto de Lei de Abdicación do Rei que será debatido mañá, mércores, nas Cortes do Estado cun texto alternativo que pasa por aceptar a abdicación do Rei e pola apertura dun proceso constituínte para elixir a forma do Estado, pero tamén que recoñeza a soberanía e o dereito a decidir das nacións.