En materia de áreas urbanas renovadas, o informe de alegacións non coincide coa normativa do PEPRI

En materia de áreas urbanas renovadas, o informe de alegacións non coincide coa normativa do PEPRI

A Coruña, 19 de decembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que en materia de áreas urbanas renovadas, o informe de alegacións non coincide co texto normativo do PEPRI aprobado provisionalmente, dado que o Goberno Local introduciu outro cambiazo a última hora. Esta falta de coincidencia vén propiciada por un cambio que reforza o carácter totalmente liberalizador “do todo vale e sen lei” das áreas urbanas renovadas que salpican as distintas zonas continuas da ordenanza.

Malia que no informe de alegacións non figuraba nada, o Goberno Local introduciu posteriormente na normativa urbanística a autorización das plantas baixo rasante e as unións funcionais (agás en edificios catalogados de grao 1 e 2) nas áreas urbanas renovadas, así como modificacións nos usos.

Así, nas respostas ás alegacións recollidas no informe de alegacións sinalábase que o texto da nova norma zonal AUR (área urbana renovada) sería o seguinte:

Mais o Goberno Local introduciu no PEPRI aprobado provisionalmente, denuncian as nacionalistas, un novo cambiazo na normativa das áreas urbanas renovadas ampliando os criterios e parámetros. En concreto, autoriza as plantas baixo rasante ocupando a totalidade da parcela, recoñece as entreplantas existentes aos efectos da súa utilización e admite as unións funcionais salvo nos edificios con niveis de catalogación 1 e 2. Deste xeito o artigo 146 bis engade o seguinte:

“Autorízanse plantas baixo rasante ocupando a totalidade da parcela, sempre que o edificio non estea catalogado ou o nivel de catalogación do edificio sexa de grao 3, 4 ou 5, e condicionado a aparición de restos arqueolóxicos na parcela, en cuxo caso a Consellería competente en materia de Patrimonio determinará as actuacións a realizar. No caso de que non se permita materializar a edificabilidade baixo rasante por estes motivos, non resultará indemnizable.

Ós efectos da súa utilización recoñécense as entreplantas existentes, quedando prohibido expresamente a realización doutras novas.

De acordo co art. 89 da presente Normativa, no ámbito do Conxunto Histórico e a súa Zona de Respeto, haberá de manterse a estrutura parcial actual, non permitíndose máis agregacións ou segregacións que as contempladas en planos de ordenación. Porén, admitiranse, salvo para edificios con niveis de catalogación 1 e 2, unións funcionais que cumpran as condidicións reguladas no artigo 89bis, da presente normativa”

E ademais o Goberno Local modifica totalmente o artigo 146 bis en relación cos usos respecto o sinalado no informe de alegacions. Así a normativa do PEPRI aprobado provisionalmente recolle en relación aos usos o seguinte:

4. Usos

4.a)- Usos característicos

O uso característico é o Residencial, en Clase RESIDENCIAL VIVENDA.

4.b)- Usos asociados

Admitiranse usos asociados vencellados a calquera uso que se poda implantar nas edificacións

4.c)- Usos compatibles

 

Complementarios:

-Residencial, Clase RESIDENCIA COMUNITARIA, en situación de planta baixa e superiores vinculadas á mesma.

-Industria, Clase INDUSTRIA XERAL, de categoría 1ª, en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira

-Industria, Clase ALMACÉN, de categoría 1ª, en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira.

-Industria, Clase SERVICIOS EMPRESARIAIS e I+D+i, de categorías 1ª e 2ª en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira.

-Industria, Clase TALLERES, de Categoría 2ª e 3ª, en situación de planta inferior á baixa e planta baixa.

-Terciario, Clase COMERCIAL, de Categorías 1ª e 2ª, en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira.

-Terciario, Clase OFICINAS, de Categorías 1ª e 2ª, en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira.

-Terciario, Clase HOSTELEIRO en planta inferior á baixa, planta baixa e plantas altas vinculadas á baixa.

-Terciario, Clase ESPECTÁCULOS E RECREATIVO en situación de planta inferior á baixa, planta baixa e primeira.

-Dotacional EQUIPAMENTO, en planta inferior á baixa, planta baixa e plantas altas vinculadas á baixa.

-Garaxe-aparcamento de Categoría 1ª

Alternativos:

-Residencial, clase RESIDENCIA COMUNITARIA

-Industria, Clase INDUSTRIA XERAL (*), de Categoría 2ª

-Industria, Clase SERVIZOS EMPRESARIAIS, de Categoría 4ª

-Terciario, Clase COMERCIAL(*), de Categoría 3ª

-Terciario, Clase OFICINAS, Categoría 3ª

-Terciario clase HOTELEIRO

-Terciario clase HOSTALEIRO

-Terciario, Clase ESPECTÁCULOS E RECREATIVO

-Dotacional de EQUIPAMENTO

-GARAXE-APARCAMENTO(*), de Categoría 2ª

4.d)- Usos prohibidos.

O resto.

(*):usos só admitidos fóra do ámbito do Conxunto Histórico e a súa zona de respeto

En materia de áreas urbanas renovadas, o informe de alegacións non coincide coa normativa do PEPRI