Luz verde á ampliación do aparcadoiro das Conchiñas malia que non existe tal demanda

Luz verde á ampliación do aparcadoiro das Conchiñas malia que non existe tal demanda

A Coruña, 6 de febreiro de 2015.- A Goberno Local deulle, hoxe, luz verde á ampliación do aparcadoiro subterráneo das Conchiñas cando non existe tal demanda. Un aparcadoiro que se constrúe con investimento público, a través da empresa pública municipal EMVSA, para que sexa unha empresa privada con ánimo de lucro quen o explote.

En concreto, o Goberno do Sr. Negreira concedeu, en Xunta de Goberno locaL, licenza para a ampliación da actividade de garaxe nas plantas soto 1 e 2 e licenza urbanística para a execución de obras de ampliación do aparcadoiro. Isto supón a ocorrencia de acrecentar o aparcadoiro en 32 prazas (en total terá 227 prazas) respecto ao proxecto inicial (un 23% máis) cando nos pregos de explotación do aparcadoiro, finais de novembro de 2014, recollíase que tan só foran vendidas 57 prazas.

Deste xeito, EMVSA, empresa pública municipal, e cunha delicada situación económica por falta de solvencia motivada polas encomendas do Partido Popular, amplía o aparcadoiro cun incremento do orzamento da execución material (salientar que EMVSA ten unha débeda de 2.5000.000 con EMALCSA para o financiamento desta infraestrutura), para que finalmente sexa unha empresa privada quen explote por rotación a maioría das prazas do garaxe.

 

 

Luz verde á ampliación do aparcadoiro das Conchiñas malia que non existe tal demanda