A instancias do BNG, o BOP publica o contido normativo do estudo de detalle do Ofimático
A Coruña, 6 de maio de 2013.- Despois de que o pasado 29 de abril, o Goberno municipal lle enviara un escrito ao alcalde advertíndolle de que non estaba publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o contido normativo do estudo de detalle que modifica as rasantes no ofimático, por fin, o BOP recolle hoxe a publicación completa.
Neste escrito, o portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, puña de manifesto neste escrito dirixido ao alcalde que a normativa urbanística condiciona a eficacia xurídica e a entrada en vigor dos instrumentos de planeamento á publicación do contido normativo no BOP, o que non aconteceu no caso do estudo de detalle do Ofimático. E esta obriga de publicación do contido normativo dos instrumentos de planeamento tamén lles afecta aos estudos de detalle, con independencia da súa finalidade (quer ordenación de volumes, quer reaxustes de rasantes...). A non publicación do contido normativo do estudo de detalle no BOP provocaba que até o de agora non servira de soporte para outorgar licenzas, entre outros actos de aplicación.
O Grupo Municipal do BNG amosa a súa satisfacción por que o Goberno do Sr. Negreira accedera a cumprir o solicitado polo portavoz nacionalista no escrito do pasado día 29 de abril. Carril reclamaba que se publicase integramente o contido normativo do estudo de detalle de reaxuste de rasantes dos viarios no Ofimático. E é que só así o estudo de detalle podería ter eficacia xurídica.