O BNG preguntará se o Goberno municipal pensa revisar os acordos sobre o sector S7 de Someso

O BNG preguntará se o Goberno municipal pensa revisar os acordos sobre o sector S7 de Someso

A Coruña, 5 de maio de 2013.- O Grupo Municipal do BNG formulará na sesión plenaria que terá lugar este luns unha pregunta oral para saber se o Goberno do Sr. Negreira ten pensado revisar de oficio, por causas de nulidade de pleno dereito, os actos e acordos administrativos sobre o sector S-7 de Someso: o acordo da Xunta de Goberno Local de 29.10.2004, de autorización á Xunta de Compensación do S-7 Recinto Feiral para materializar en metálico o aproveitamento municipal de cesión obrigatoria, así como o correspondente ao Concello como propietario de parcelas no ámbito; o acordo da XGL de 20.09.2005, de aprobación definitiva do Proxecto de Compensación do S-7 Someso, e o acordo da XGL de 03.02.2006, de subsanación de erros do Proxecto de Compensación do S-7 de Someso.

O pasado 8 de febreiro de 2013, o Grupo Municipal do BNG rexistraba unha solicitude a revisión de oficio destes actos e acordos administrativos relativos ao sector S-7 de Someso. Neste escrito, as nacionalistas advertíanlle ao alcalde da Coruña de que a revisión dos actos e acordos ilegais do S-7 Someso non é unha decisión discrecional, senón de obrigado cumprimento. Sinalaban, ademais, que de non facelo, podería estar incorrendo nunha prevaricación omisiva. Ademais, no Pleno de marzo, o Grupo Municipal do BNG presentou, tamén, un rogo oral para que se revisasen de oficio estes actos e acordos administrativos.

Suba do recibo da auga e aparcadoiro da Casa dos Peixes

Ademais, o Grupo Municipal do BNG preguntaralle ao Goberno do Sr. Negreira se segue teimando en negar a suba de prezo do recibo da auga, cando as persoas subscritoras xa están a sufrir o seu encarecemento, e tamén que ten pensado facer en relación ao aparcadoiro da zona traseira da Casa dos Peixes, un aparcadoiro que, tal e como denunciou o BNG, unha obra dun enorme impacto sobre a visión limpa da Torre.

 

 

O BNG preguntará se o Goberno municipal pensa revisar os acordos sobre o sector S7 de Someso