O informe de xestión confirma que o novo sistema de tramos beneficia a Nostián e prexudícanos a nós

O informe de xestión confirma que o novo sistema de tramos beneficia a Nostián e prexudícanos a nós

A Coruña, 30 de xuño de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sinala que a Memoria de Xestión de 2013 vén a confirmar o denunciado polas nacionalistas o pasado mes de decembro respecto a que o novo sistema de tramos aprobado polo Goberno local o 27 de decembro de 2013 só beneficiaba a empresa.

A Memoria de Xestión recolle que “Dado el régimen contractual de facturación previsto para este contrato, cuanto más bajen las toneladas mayor es el canon a pagar, por lo que el cierre del año supuso un mayor canon a facturar en 2014, si bien por un número de toneladas menor”. E a continuación sinala “Destaca el acuerdo de Junta de Gobieno Local de 27 de diciembre por el que se aprueba el “salto de tramo” comentado en el apartado anterior”. Por tanto, confirma o denunciado polo BNG, que levou unha pregunta oral ao pleno de xaneiro (achégase dixitalizada), sobre o novo sistema de tramos, xa que canta menos tonelaxe entre en Nostián, cantos menos residuos se traten, máis beneficios obtén Albada e máis pagará o Concello. E isto concrétase no pago de 385.989,56 euros máis que Albada vai cobrar a través do modificativo de crédito que irá á súa aprobación definitiva no vindeiro pleno de xuño por axustes do canon entrementres o concello se abstén de intervir administrativamente a concesión e explotar a planta por conta de Albada malia os continuos incumprimentos desta, sinala o Bloque.

O BNG denunciou no seu día que a nova relación de tramos no que se estabelece o canon que o Concello ten que pagar por cada unha das tonelaxes que entran na planta de tratamento de residuos de Nostián é ilegal porque implica unha modificación das condicións económicas da concesión e, ao mesmo tempo, beneficia a empresa, á que se lle paga máis por tratar menos residuos.

O informe de xestión confirma que o novo sistema de tramos beneficia a Nostián e prexudícanos a nós