O Grupo de Barrio do BNG de Monte Alto homenaxea este sábado a Moncho Valcarce
A Coruña, 31 de xaneiro de 2013.- O Grupo de Barrio do BNG de Monte Alto celebra este sábado a tradicional homenaxe a Moncho Valcarce, coñecido como o crego das Encrobas, pola súa participación activa en defensa dos labregos e labregas desta parroquia de Cerceda. O acto, aberto ao público, terá lugar no cemiterio de Santo Amaro, ás 13h, e contará coa intervención da poeta coruñesa Pilar Pallarés.
O Grupo de Barrio do BNG de Monte Alto convida a cidadanía a homenaxear este crego que sempre apoioi as clases populares. Ademais de impulsar a loita nas Encrobas, Moncho Valcarce impulsou a causa en Xove, nas Enchousas ou en Baldaio. Foi tamén salientábel o seu labor en rexeitamento á cota empresarial. É por iso que foi obxecto de malos tratos, detencións, sancións e mesmo da marxinación eclesiástica. Valcarce faleceu o 1 de febreiro de 1993 aos 57 anos de idade e foi soterrado no camposanto coruñés baixo a bandeira nacionalista.