O BNG apoia a demanda veciñal de peonalizar a rúa Monte das Moas
A Coruña, 30 de xaneiro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG amosa o seu apoio á iniciativa da Asociación de Veciños e Veciñas Oza-A Gaiteira-Os Castros de peonalizar o tramo que abrangue desde a avenida dos Caídos ao CEIP Anxo da Garda.
As nacionalistas emprazan o Goberno do Sr. Negreira a acometer esta obra, posto que se trata dun tramo moi curto e sen entrada para garaxes, e conta co apoio maioritario dos veciños e veciñas e de comerciantes e hostaleiros. De feito, chegáronse a recoller sinaturas en defensa desta peonalización.
O Grupo Municipal do BNG anuncia a presentación dunha serie de preguntas escritas en que cuestionará o Goberno do Sr. Negreira pola posibilidade de acometer a peonalización.