Os grandes promotores deben de estar contentísimos pola rebaixa na vivenda protexida
A Coruña, 24 de febreiro de 2015.- Os grandes promotores da cidade da Coruña, sinala o Grupo Municipal do BNG, deben de estar contentísimos e celebrando por todo o alto a rebaixa da porcentaxe de reserva para vivenda protexida que vai facer o sr. Negreira.
E ademais deben de estar agradecidos ao Goberno municipal, afirman as nacionalistas, porque a redución da porcentaxe de reserva de vivenda protexida vai atinxir ao prezo da vivenda libre, xa que se se mingua a oferta da vivenda protexida o máis previsíbel é que aumente o prezo da vivenda libre e que acrecenten os seus beneficios.
As nacionalistas sinalan que o Goberno Local ao pretender deixar no 8,26% a porcentaxe de reserva, mostra un total abandono pola intervención e regulación do mercado do solo e da vivenda.