O Goberno municipal deixou sen executar a partida para axudas á adquisición de vivendas
A Coruña, 7 de xaneiro de 2012.- A concelleira nacionalista María Xosé Bravo pon de manifesto que o Goberno do Sr. Negreira deixou sen executar a partida destinada nos orzamentos de 2012 para a axuda á adquisición de vivenda, unha partida que ascendía a 160.000 euros e que estaba inserida no programa de erradicación do chabolismo. O Goberno municipal reduciu esta partida a 40.000 euros nos orzamentos de 2013, segundo explica Bravo.
Ante o fracaso das axudas para a adquisición de vivendas, a edila do BNG esíxelle ao Goberno muncipal máis efectividade e máis celeridade para que poida executarse a partida de 200.000 euros destinados ao concurso para a adquisición de vivendas que servirán para atender realoxos ou situación de emerxencia social.