O Goberno municipal afórralle á Autoridade Portuaria 1 millón de euros en impostos
A Coruña, 27 de outubro de 2012.- A decisión do Goberno Municipal de conxelar o tipo impositivo do IBI do porto da Coruña supón que o Concello vai deixar de ingresar 1.096.305 no 2013, segundo sinala o Grupo Municipal do BNG
Mentres o Goberno municipal incrementa o tipo impositivo do IBI para determinados inmóbeis de características especiais para o 2013, caso da refinaría, sen embargo conxela o correspondente ao grupo D, correspondente ao porto da Coruña, que vai seguir no 0,6 %.
Se o goberno municipal incrementase o IBI do porto até o 1,3 % suporía un incremento de ingresos municipais de 1.093.305 (*), dado que o valor catastral do porto da Coruña é de 156.615.000 , tal e como consta nos datos do Catastro Inmobiliario (www.catastro.minhap.es).
Así o Goberno municipal do PP beneficia a Autoridade Portuaria, suxeito pasivo do IBI do porto da Coruña, naqueles terreos da súa propiedade e non suxeitos a concesión, e as súas concesionarias, entre elas, Copasa. E isto logo de que Autoridade Portuaria obtivese suculentos beneficios durante o exercicio 2011, un total de 17,3 millóns de euros.
(*) IBI = tipo impositico x Valor Catastral
IBI non recadado = (1,3 0,6) x 156.615.000 /100 = 1.093.305