O Goberno local non explica a que se debe que se ingresara menos polo guindastre
A Coruña, 23 de marzo de 2015.- Alén de se evidenciar a ruína da concesión do servizo do guindastre e da Ora, o Goberno Local non explica no expediente de liquidación que foi hoxe a Xunta de Goberno Local a que se debe que o servizo de guindastre ingrese menos de 60.000 euros correspondentes aos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015 respecto aos meses de decembro de 2013 e xaneiro de 2014.
Así a liquidación dos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015, sinalan as nacionalistas, volve dar perdas para o Concello, tal e como reflicte o expediente aprobado esta mañá en Xunta de Goberno Local. Desta vez, o Concello terá que pagarlle á empresa concesionaria da ORA e do guindastre un importe total de 105.283,17 euros (a compensación a pagar durante os meses de decembro de 2013 e xaneiro de 2014 fora de 55.955,71 euros).
O expediente, salienta o BNG, recolle os ingresos da concesión correspondentes aos meses de decembro de 2014 e xaneiro de 2015, sobre os servizos de retirada de vehículos e de ordenación do aparcadoiro, reflictindo o seguinte:
ORA GUINDASTRE
DECEMBRO 2014 229.849,71 43.748,41
XANEIRO 2015 223.559,36 35.785,21
Estes ingresos supoñen, respecto decembro de 2013 e xaneiro de 2014, que o concello ingresa 7.913,97 euros máis pola ORA e 60.115,84 euros menos do servizo do guindastre. Esta situación non é explicada por parte do Goberno Municipal. En concreto, os datos sobre os servizos de retirada de vehículos e de ordenación do aparacadoiro foron:
ORA GUINDASTRE
DECEMBRO 2013 212.321,55 69.317,22
XANEIRO 2014 233.173,55 70.368,24