O Goberno do PP oculta parte dos gastos das festas de María Pita, que ascenderían a 2 millóns

O Goberno do PP oculta parte dos gastos das festas de María Pita, que ascenderían a 2 millóns

festasA Coruña, 27 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia a ocultación de parte dos gastos das festas de María Pita 2014 por parte do Goberno do Sr. Negreira, despois de que as nacionalistas tiveran na mañá de hoxe acceso a un expediente incompleto do IMCE en relación ás actividades festivas. Desde o propio IMCE se lle admitiu ao Bloque que faltaban datos e as nacionalistas, tras cotexar as cifras do expediente co programa de festas, puideron comprobar como o Goberno do Sr. Negreira agochou parte dos gastos do IMCE no expediente ao que tiveron hoxe acceso.

Ao Bloque non lle estraña que o Goberno do PP lle agoche á cidadanía os escandalosos gastos das festas, tendo en conta que só o expediente incompleto do IMCE ao que accederon esta mañá as nacionalistas ascende a 1.648.923,90 euros. E isto, advirte o Bloque, nun contexto de desemprego e de precariedade laboral xeneralizado e no que cada vez máis xente moza se ve na obriga de emigrar en busca dun posto de traballo que lle permita vivir.

festas-maria-pitaAos 1.648.923,90 euros que recolle o expediente incompleto estudado polo Bloque, hai que sumar as actividades pagadas polo IMCE pero que non recolle o expediente -Amizades, Xacarandaina, Festival de Música Electrónica, Festival Independente de Rock Coruñés, Donaire, Cantabile, Aturuxo, Tuna de Veteranos, Cantares Gallegos, Canticórum, Cántigas da Terra, Follas Novas, Albéniz, Liceo la Paz, Orfeón Herculino, Coro Sancta María Maris ou La Trova Coruñesa-, o gasto que achega o Concello a través do Consorcio de Promoción para a Música, da Banda Municipal de Música e da Escola Municipal de Música, o laminado en madeira do escenario de María Pita e o resto dos cartos que achegan outras Concellarías e a propia Alcaldía. De aí que as nacionalistas calculen que o gasto nas festas de María Pita 2014 supere os 2 millóns de euros.

Dado que o Goberno do Sr. Negreira non lle permitiu ao BNG o acceso ao total dos gastos do IMCE nas festas de María Pita –mesmo o advirte na resposta á solicitude de acceso do BNG- as nacionalistas pediron novamente acceso ao total de expedientes referidos aos gastos nestas actividades festivas.

 

Gastos desglosados do expediente do IMCE ao que tivo acceso o BNG

Álvaro Muras: 907,50

Cuarentuna: 700

Bolero Atlántico: 1.936

PER-Versions Band: 847

Coro Ronda Garcilaso: 2.700

Servizos Complementarios: 4.225,91

Aluguer de equipo de luz e son: 21.175

Seguridade: 2.111,28

Virgen de la Guía: 2.550

Banda de Gaitas Marino Tapiega: 1.650

Grupo Folclórico Estampa Baturra: 2.200

Alto Guadalquivir y Tamborilero: 3.000

Grupo de Danza Magisterio: 3.750

Coral de Cecebre: 1.100

Pablo Balseiro: 847

Coral polifónica: 1.100

Habaneras: 7.000

Luz Casal: 64.807,96

Sergio Dalma: 54.450

Borja Quiza: 19.360

Antonio Orozco: 61.105

Milladoiro: 14.520

Tiruleque: 3.025

M-Clan: 26.031,94

Dani Martín: 78.650

Marta Sánchez: 47.190

Delafé y Las Flores Azules e Love of Lesvian: 48.400

Los Esquizos: 7.260

Madness: 169.827

Agoraphobia e Russian Red: 25.047

Rebeldes e Burning: 39.930

Produción Noroeste Pop Rock: 21.538

Aluguer, montaxe e desmontaxe luz, son e vídeo: 62.809,92

Batalla Naval: 60.000

Aluguer escenarios: 89.421,49

Animación infantil en diferentes puntos da cidade: 79.338,84

Orquesta Triunfo: 5.445

Faranduleando: 68.818,20

María Pitiña: 58.000

Festival Internacional de Folklore: 26.000

Rally Teresa Herrera: 12.000

Festival Urbano Coruñés: 30.000

Varios músicos: 4.739

Odaiko Percusión: 3.025

Servizos Complementarios: 76.655,73

Catering: 17.000

Varios (pirotecnia, fume, viaxes, aloxamento, electricidade, limpeza, camerinos) 16.615

Aluguer peche perimetral: 14.599,99

Aluguer casas típicas: 20.339

Varios (aluguer infraestrutura, equipos de luz, son e camerinos): 112.000

Bandeirolas: 11.971,74

Muppies e mobiliario: 20.570

Valados publicitarios: 13.176,90

Varios (impresión despregábel, deseño cartaz, campaña e impresión de revista, postais, plotters rolda de prensa, sesión de fotografías) 33.000

Seguridade:42.282

Premios concurso empanada: 4.000

Rede Deputación: 28.174,50

TOTAL: 1.648.923,90 euros

 

O Goberno do PP oculta parte dos gastos das festas de María Pita, que ascenderían a 2 millóns