O BNG avisa do caos circulatorio inminente no centro da cidade
Ante o empeoramento do caos circulatorio que vai propiciar o corte do túnel de María Pita polos caprichos multimillonarios do Sr. Negreira no Parrote e na Mariña, o Goberno Local non debe esperar a última hora para procurar medidas e respostas alternativas e mudar sobre a marcha como fixo nos últimos días ante os evidentes problemas de tráfico.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sinala, ante o empeoramento do caos circulatorio que vai propiciar o corte do túnel de María Pita polos caprichos multimillonarios do Sr. Negreira no Parrote e na Mariña, que o Goberno Local non debe esperar a última hora para procurar medidas e respostas alternativas e mudar sobre a marcha como fixo nos últimos días ante os evidentes problemas de tráfico.
E é que o empeoramento do caos circulatorio que se aveciña a partir da vindeira semana co corte do túnel de María Pita e no que pode saír moi prexudicada a veciñanza de Monte Alto e Cidade Vella necesita dunha planificación sólida e alternativa, e non improvisada, por parte do Goberno Local que evite os colapsos e as enormes molestias medioambientais e garanta a fluidez da mobilidade e dos desprazamentos da cidadanía aos distintos puntos da cidade, reforzando ademais os servizos do bus urbano.