Fontenla reclama uns cartos en base ao convenio que foi causa da desfeita de Someso

Fontenla reclama uns cartos en base ao convenio que foi causa da desfeita de Someso

A Coruña, 23 de setembro de 2014.- Pese a ser o Sr. Fontela e os seus compañeiros da Xunta de Compensación do Sector S7 Recinto Feiral os beneficiarios de todas as irregularidades da desfeita millonaria de Someso e incumpridores do convenio urbanístico de 27 de abril de 1998, aínda por riba reclaman unha cantidade en base a este convenio por eles incumprido e que foi a causa da desfeita. E é que mentres os promotores de Someso reclaman cartos ao Goberno Local, este nin revisa os acordos e actos ilegais de Someso, entre outros, os que atribúen á Xunta de Compensación aproveitamento urbanístico sen contar cos requirimentos legais para a súa adquisición e non procede contra algúns dos promotores que se apropiaron de bens como propios que eran do Concello da Coruña.

E é que onte a Xunta de Goberno local acordou que o Concello da Coruña compareza no recurso PO 197/2014 promovido pola Xunta de Compensación do Sector S7 Recinto Feiral contra a resolución pola que se estimou parcialmente a reclamación de pago efectuada pola execución das obras de urbanización da avenida da Universidade.

As nacionalistas lembran que o convenio urbanístico, asinado polo propio presidente da Xunta de Compensación, o Sr. Fontela e por Moreda o 27 de abril de 1998, incumpriuse por parte dos promotores no relativo á edificación no prazo marcado, concretamente o prazo de execución das obras de urbanización e foi ese convenio o que deu lugar á reclasificación dos terreos de Someso, no PXOM de 1998, feito determinante do dereito de reversión dos propietarios de Someso. Esta reclasificación urbanística dos terreos aprobada no PXOM de 1998 e desenvolta no Plan Parcial de Someso, afirman as nacionalistas, determinou o cambio de uso e destino urbanístico e deu lugar a recoñecer o dereito de reversión dos propietarios e o posterior pago das indemnizacións substitutorias. Así o sinalan as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que logo de afirmar que os terreos foron expropiados para a realización dunhas obras moi concretas, sinalan que as obras proxectadas que non chegaron a facerse nas mesmas, ao acabar incluíndose eses terreos no Proxecto de Compensación do Sector 7 do Recinto Feiral que estabelecía para eles o uso global residencial.

E mentres os promotores de Someso reclaman cartos ao Goberno Local, este nin revisa os acordos e actos ilegais de Someso, entre outros, os que atribúen á Xunta de Compensación aproveitamento urbanístico sen contar cos requirimentos legais para a súa adquisición e non procede contra algúns dos promotores que se apropiaron de bens como propios que eran do Concello da Coruña. O BNG lembra, neste sentido, que o informe municipal de 15 de xuño de 2012 puña de manifesto a existencia de todo un conxunto de infraccións do ordenamento xurídico que determinan a nulidade de pleno dereito de actos e acordos municipais sobre o Sector S-7 de Someso. Infraccións e ilegalidades que evidencian unha omisión total e absoluta do procedemento legalmente estabelecido (respecto da enaxenación de bens e dereitos municipais) e atribución á Xunta de Compensación e propietarios particulares de aproveitamento urbanístico sen contar cos requisitos legais para a súa adquisición.

 

Fontenla reclama uns cartos en base ao convenio que foi causa da desfeita de Someso