Fábrica de armas: o BNG espera que se aposte pola diversificación do proceso produtivo ao eido civil
A Coruña, 15 de setembro de 2014.- Despois da adxudicación provisional da xestión da Fábrica de Armas a Hércules Armamento e á espera de ratificación por parte do Ministerio de Defensa, o Grupo Municipal do BNG espera que a actividade comece canto antes e se recuperen a maioría dos postos de traballo que a Fábrica de Armas tiña antes da aplicación do ERE de extinción.
O BNG agarda que l e que as administracións públicas, nomeadamente a Xunta de Galiza, fagan o posíbel para consolidar o futuro proxecto.