Extel: esiximos facer efectivos os acordos da nosa moción de decembro
A Coruña, 29 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG, logo de participar onte na concentración do cadro de traballadoras e traballadores da empresa Extel, convocada en rexeitamento ao peche dun departamento no que traballan preto de 60 persoas e realizada no edificio Proa de Matogrande, instan ao Goberno municipal a facer efectivo canto antes os acordos tomados coa aprobación por unanimidade da moción presentada polo propio BNG no Pleno do mes de decembro e na que se solicitaba o apoio e solidariedade do Concello da Coruña cos/as traballadores/as de Extel Contact Center SAU.
O BNG insta ao Goberno municipal a facer efectivos canto antes os acordos da moción aprobada en decembro en apoio ao cadro de persoal de Extel
As nacionalistas lembran que, entre os acordos aprobados, están que o Concello impulse unha mesa de mediación, xunto aos axentes sociais, para defender unhas condicións de traballo dignas para os/as traballadores/as da citada empresa, instar a empresa a eliminación das prácticas habituais consistentes en sancións e presións e implementar medidas de corrección para eliminar as circunstancias de explotación dos/as traballadores/as e instar a Telefónica a garantir unhas condicións de traballo dignas para todas as traballadoras e traballadores das súas empresas auxiliares, e nomeadamente en Extel Contact Center SAU.
Logo da concentración de onte faise máis que necesario que o Concello defenda os interesas das e dos traballadores desta empresa, constantemente atacados nos seus dereitos laborais, indican as nacionalistas
Neste sentido, na propia moción que se aprobou, instabamos ao Goberno municipal a que repensara e reformulara as políticas e relacións do Concello da Coruña con Telefónica e se é certo que o Goberno municipal está do lado das traballadoras, como manifestou, debe facer valer o aprobado en pleno revisando aqueles contratos ou servizos que teña contratados con Telefónica xa que esta empresa non respecta os dereitos laborais das súas e seus empregados, sinala Avia Veira.
O BNG presentará varias iniciativas encamiñadas a impedir que se asine calquera contrato do Concello con Telefónica mentres sega permitindo actuacións similares contras ás e os traballadores das empresas auxiliares nas que delega os seu servizos