O esperpento do Pleno no que se aprobaron os orzamentos
A Coruña, 1 de abril de 2016.- O Grupo Municipal do BNG abandonou esta mañá a sesión do Pleno onde se debateron e votaron os documentos dos orzamentos, e despois de ser rexeitada a súa solicitude de adiar o Pleno, polo principio de prudencia e por responsabilidade, para que os técnicos municipais e os propios grupos puideran analizar devagar a batería de emendas e contraemendas, que ao longo da mañá, tanto o Goberno municipal, PP e PSOE rexistraron, e puideran trasladar os informes preceptivos aos mesmos.
O Grupo Municipal do BNG abandona o Pleno dos Orzamentos por responsabilidade tras solicitar o seu adiamento debido á trapallada desta mañá na que o PP, PSOE e o propio Goberno municipal presentaron emendas e contraemendas ao documento
E é que as nacionalistas cualifican o acontecido nas horas previas á celebración do Pleno e na propia sesión como esperpéntico. Para o BNG, que o documento máis importante que se elabora ao cabo do ano poida resultar aprobado en Pleno sen que ningún dos grupos municipais saiba o seu contido exacto e co risco de poder ser aprobadas emendas contraditorias que desequilibren o orzamento, como finalmente aconteceu, non pode ser cualificado doutro xeito como surrealista.
As nacionalistas cualifican de esperpéntico que o documento máis importante que se elabora ao cabo do ano sexa levado a debate e aprobación en Pleno sen que ningún dos grupos municipais saiba o seu contido exacto e co risco de poder ser aprobadas emendas contraditorias que desequilibren o orzamento, como finalmente aconteceu
O BNG sempre tivo a intención de que o Concello da Coruña contase cuns orzamentos novos, que fixesen posíbel políticas novas; por iso fixemos o noso traballo en tempo e forma. Fixemos achegas, propostas, suxestións etc. A tramitación do orzamento comezou o 25 de agosto de 2015 cunha instrución de alcaldía, e hoxe, 1 de abril de 2016 o PP, o PSOE e incluso o propio Goberno Municipal, a escasos minutos do Pleno, presentan emendas e contraemendas, contraditorias unhas con outras, que non poden contar cos informes dos técnicos municipais, e elevan o debate ao Pleno... Nós negámonos a participar do despropósito e lexitimar co noso voto, fose a favor ou en contra, ao que logo finalmente aconteceu, que se aprobaran emendas que se contradín entre si e que non poden ter encaixe simultáneo no documento final dos orzamentos. É impresentábel indica Avia Veira.
É irresponsábel e temerario que se debatan, voten e aproben documentos que nin foron avaliados polos servizos e que os propios técnicos municipais non tiveron tempo de informar, sinala Avia Veira
O Grupo Municipal do BNG lamenta profundamente a situación vivida hoxe na sesión. E o BNG non vai participar de debates nin de votacións onde os contidos, e sobre todo, as súas consecuencias, non sexan avaliadas con rigor nin tan sequera polos técnicos municipais, que deben emitir os informes preceptivos. Tiña que terse retirado o asunto da orde do día e tiña que terse adiado o Pleno até ter os devanditos informes, aplicando principios de prudencia e por responsabilidade, tal e como demandabamos, e que se negou o Goberno municipal, conclúen desde a formación nacionalista.
Noticias relacionadas:
- Veira: "Existe un contrastado principio de incerteza sobre que orzamentos debatiremos o venres"
- A Comisión de Facenda non aclarou as demandas de concreción do BNG a respecto dos Orzamentos
- O BNG considera positivo que se incúan as súas achegas aos orzamentos
- O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais
- O BNG segue agardando pola resposta ás súas achegas aos orzamentos
- O BNG non determinará o seu voto sobre o orzamento até ter acceso ao expediente definitivo
- O BNG trasladoulle ao Goberno municipal as súas propostas para os orzamentos
- O BNG achegará as súas propostas para os Orzamentos
- Avia Veira: Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"
- O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá
- Veira: Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"
- O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016
- O BNG insta a Marea e o PSOE a que abandonen a dramatización nos Orzamentos 2016
- Orzamentos 2016: "Demandamos que se emitan por streaming as reunións Marea-PSOE" ironiza Avia Veira
- Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?
- Veira: É insostíbel que se prorroguen indefinidamente os orzamentos do PP de 2015"