O electoralismo do Sr. Negreira provoca que a Intervención cuestione a súa planificación dos gastos

O electoralismo do Sr. Negreira provoca que a Intervención cuestione a súa planificación dos gastos

A Coruña, 1 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do BNG advirte que a planificación electoralista do Sr. Negreira provoca que a Intervención cuestiona a súa planificación plurianual nos gastos para as obras do túnel de María Pita e do Parque de San Pedro de Visma.

E é que, malia ser previsíbel que teña lugar este venres unha Xunta de Goberno Local ordinaria, o Goberno Municipal celebrou hoxe unha Xunta de Goberno Local Extraordinaria para tratar tan só dous asuntos: a licitación das obras comprendidas no proxecto de mellora e adecuación das instalacións do Túnel de María Pita por valor de 1.110.829,37 euros e, por outra banda, a licitación das obras comprendidas no proxecto de obras de urbanización do Parque de San Pedro de Visma cun custo de 3 millóns de euros.

As nacionalistas sinalan que nos dous asuntos a intervención municipal fai salvedades. Así, no caso do túnel de María Pita, o interventor sinala que a programación do gasto plurianual debería responder a unha planificación prudente, concretamente advirte ao Goberno do Sr. Negreira: “que la distribución del importe del contrato entre las anualidades tal y como está propuesto y teniendo en cuenta el momento temporal en el que nos encontramos, podría suponer, en el caso de que los tiempos de contratación sean inferiores a los señalados, firmando el acta de comprobación de replanteo (fecha de inicio del contrato) antes, por ejemplo, del 1 de noviembre de 2014), o que los importes a ejecutar no sean tan menores en el primer mes de ejecución, se pueda llegar a ejecutar gasto de la obra sin crédito adecuado y suficiente, con un aplazamiento de su pago (prohibido por la normativa de morosidad actual) al ejercicio siguiente que será donde se disponga del crédito presupuestario para afrontarlo, y además supondría comprometer gasto de ejercicios futuros, obligando al pleno del ayuntamiento a consignar crédito en el siguiente presupuesto municipal 2015, cuando el mismo tendría que ser con cargo a los créditos de este ejercicio”.

No caso do proxecto de obras de urbanización do Parque de San Pedro de Visma, o servizo de Intervención informa de que non se supera o límite no número de exercicios do gasto plurianual estabelecido legalmente, mais si se modifican as porcentaxes de gasto que o expediente implica a respecto dos estabelecidos legalmente.

O BNG alerta de que a planificación en clave electoralista do Goberno do Sr. Negreira está a provocar que saque a licitación para a urbanización do Parque de San Pedro de Visma antes de dispor de feito dos terreos como ben sinala a Asesoría Xurídica do Concello: “No entanto, advírtese expresamente da necesidade de que desde Urbanismo se axilicen os trámites para a plena dispoñibilidade de feito de tales terreos xa que en abril de 2013, segundo informe de Xestión do Solo, que acompaña á acta de replanteo había aí algunhas das vivendas que aínda estaban ocupadas. É preciso que o desaloxo desas vivendas se teña consumado, cando menos, na data de formalización deste contrato, para impedir posibles demoras na execución”.

O electoralismo do Sr. Negreira provoca que a Intervención cuestione a súa planificación dos gastos