O BNG denuncia que chama a atención que o Goberno lles recoñeza a débeda aos promotores de Someso

O BNG denuncia que chama a atención que o Goberno lles recoñeza a débeda aos promotores de Someso

A Coruña, 1 de abril de 2014.-O Grupo Municipal do BNG denuncia que chama a atención que o Goberno Municipal faga un recoñecemento de débeda á Xunta de Compensación do Sector S-7 do Recinto Feiral pola execución das obras de urbanización da Avenida de Universidade derivada do Convenio Urbanístico asinado entre o Concello e a Comisión Xestora do Sector S-7, cando os propios promotores, que son os grandes beneficiarios de toda a desfeita de Someso, incumpriron moitas das súas cláusulas.

Chama a atención que o Goberno Municipal lles recoñeza débeda aos promotores de Someso, grandes beneficiarios da desfeita, en base ao convenio urbanístico que eles mesmos incumpriron

Así lembran as nacionalistas que ese convenio urbanístico, asinado polo propio presidente da Xunta de Compensación, o Sr. Fontela e por Moreda o 27 de abril de 1998, incumpriuse por parte dos promotores no relativo á edificación no prazo marcado, concretamente o prazo de execución das obras de urbanización e foi ese convenio o que deu lugar á reclasificación dos terreos de Someso, no PXOM de 1998, feito determinante do dereito de reversión dos propietarios de Someso. Esta reclasificación urbanística dos terreos aprobada no PXOM de 1998 e desenvolta no Plan Parcial de Someso, afirman as nacionalistas, determinou o cambio de uso e destino urbanístico e deu lugar a recoñecer o dereito de reversión dos propietarios e o posterior pago das indemnizacións substitutorias. Así o sinalan as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que logo de afirmar que os terreos foron expropiados para a realización dunhas obras moi concretas, sinalan que as obras proxectadas que non chegaron a facerse nas mesmas, ao acabar incluíndose eses terreos no Proxecto de Compensación do Sector 7 do Recinto Feiral que estabelecía para eles o uso global residencial.

O BNG denuncia que chama a atención que o Goberno lles recoñeza a débeda aos promotores de Someso