As edís do BNG entréganlle a Negreira billetes de avión a Londres contra a lei do aborto do PP
A Coruña, 9 de xuño de 2014- As concelleiras do BNG María Xosé Bravo, Ermitas Valencia e Avia Veira acudiron á sesión plenaria desta mañá acompañadas dunhas réplicas de billetes de avión a Londres co fin de denunciar, de xeito simbólico, a lei do aborto que vai aprobar o Partido Popular e para reclamar un aborto libre e de balde na sanidade pública.
Antes de dar comezo o pleno, as tres edís do Bloque diríxironse á tribuna do alcalde para lle entregar as réplicas das tarxetas de embarque. Foi entón cando lle explicaron a Carlos Negreira que lle facían entrega dos billetes en defensa das mulleres que van ter que ir abortar a Londres ao igual que se facía hai 20 anos e que a regresiva lei de interrupción do embarazo do PP vai provocar que as mulleres con menos recursos se vexan obrigadas a poñer en perigo a súa saúde e a súa vida ao abortaren de xeito clandestino.