Demandamos do Goberno Mpal. que constitúa dunha vez a Comisión para atender desafiuzamentos
Hoxe, cumpridos 6 meses desde que o solicitaramos formalmente, mediante a presentación de escrito por rexistro, o cumprimento dos acordos ao se aprobar en Pleno a moción Para a adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos o 9 de novembro do ano pasado, demandamospúblicamente que o Goberno municipal cumpra o acordado e constitúa dunha vez a Comisión especial para atender casos de desafiuzamentos que se recollía no punto cinco da nosa moción.
Hoxe cúmprense 6 meses desde solicitamos por escrito o cumprimento da moción Para a adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos aprobada o 9 de novembro en Pleno
E é que consideramos que se constata, xa pasados máis de 6 meses desde a aprobación da moción, na que literalmente se instaba ao Goberno municipal a creación dunha Comisión especial para atender casos de desafiuzamentos, composta por técnicos municipais, portavoces municipais e plataformas contra os desafiuzamentos, que o Executivo local se nega a cumprir os acordos aos que se chega no Pleno e preguntámonos cal é o motivo exacto para que un Goberno como o da Marea Atlántica se negue a aplicar un acordo que procura atallar na medida do posíbel e das competencias municipais o problema do desafiuzamentos., sinala a nosa concelleira Avia Veira.
Entendemos que as Administracións Públicas non poden quedar indiferentes ante o drama social que supón un desafiuzamento, polo que en todas elas instamos a adoptar acordos, como na moción presentada, onde se procuren medidas que garantan a atención as persoas que sofren estas situacións.
"Lembramos que na parte resolutiva de propia moción recollíamos que serían, entre outras, funcións desta Comisión o estudo da posibilidade de conceder axudas ao aluguer, axudas para evitar o corte de subministros básicos como auga, gas ou luz e axudas á alimentación etc. En definitiva, propoñiamos a Comisión como unha actuación concreta, neste caso do Concello da Coruña, para garantir unha atención directa e inmediata a casos de desafiuzamento que se producisen tendo no seu seo mesmo organizacións que loitan contra esta inxustiza., conclúe Avia Veira.
A Coruña, 27 de maio de 2016