Chama a atención que o Goberno local non mencione as previsións orzamentarias en relación á ORA
A Coruña, 7 de novembro de 2014.- Segundo os datos transmitidos esta mañá polo Goberno local á prensa sobre os orzamentos para 2015 das áreas de Seguridade Cidadá e Mobilidade, chama a atención, salientan as nacionalistas, que o Goberno Municipal non faga mención ningunha sobre as súas previsións orzamentarias en relación á ORA, cando o contrato de concesión do guindastre e da ORA remata o 1 de maio 2015.
As nacionalistas sinalan que o Goberno Local debería explicar cales son as súas previsións orzamentarias sobre o Servizo de regulación do estacionamento e retirada de vehículos para 2015.