Carril: "O PP presente unha xustiza excluínte, xustiza para @s ricos, inxustiza para @s pobres"

Carril: "O PP presente unha xustiza excluínte, xustiza para @s ricos, inxustiza para @s pobres"

A Coruña, 9 de novembro de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, e a responsábel comarcal do BNG, Silvia Seixas, entre outros cargos institucionais e orgánicos do BNG, participaron esta mañá na concentración convocada polos avogados e avogadas contra o aumento das taxas xudiciais. En declaracións aos medios, Carril sinalou que "o PP pretende unha xustiza excluínte por razóns económicas, unha xustiza para ricos, e unha inxustiza para pobres". Apuntou tamén que Gallardón pon de actualidade o "canto pesa e como fede!", de Castelao.

O BNG rexeita frontalmente o aumento dos custes para acceder á xustiza, que se traducirá nun incremento dos gastos de avogado e procurador. Baixo o falso pretexto de evitar a saturación dos xulgados, o Goberno central aproveita para estabelecer un sistema de taxas que desincentivará o recurso aos Tribunais por parte de persoas e entidades con menos recursos económicos, o que vai provocar unha merma da tutela xudicial. Para os nacionalistas, a saturación da xustiza débese solucionar con máis medios e a súa modernización para impulsar unha xustiza áxil e eficaz.

Os nacionalistas sinalan que a Gallardón só lle asiste un afán recaudatorio, sen ter presente que está obstaculizando e dificultando o acceso á xustiza. Trátase da manifestación dun inxusto descoñecemento do dereito á tutela xudicial efectiva que nos sitúa ante unha perversión inaceptábel do Estado Social e Democrático de Dereito, cada vez máis atacado e cuestionado por este Goberno do PP.

 

 

Carril: "O PP presente unha xustiza excluínte, xustiza para @s ricos, inxustiza para @s pobres"