Carril non será citado como denunciado no xuízo aberto polo desaloxo da Sra. Aurelia Rei
A Coruña, 28 de marzo de 2013.- O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, vén de recibir unha notificación remitida polo Xulgado de Instrución nº3 da Coruña en resposta ao seu escrito presentado o 15 de marzo de 2013, en que solicitaba ser citado como denunciado na causa contra as persoas denunciadas polo desaloxo da Sra. Aurelia Rei. Malia figurar expresamente no atestado policial que determina a celebración do xuízo de faltas contra as tres persoas denunciadas polo desaloxo da Sra. Aurelia Rei, o Xulgado considera que o portavoz municipal do BNG non é parte no proceso xudicial aberto contra tales tres persoas. Precisamente por non ser parte, o Xulgado non o citará como denunciado, tal e como pedía o nacionalista no seu escrito, que agora o Xulgado lle devolve coa propia notificación (achégase copia do escrito).
A pesar da decisión do Xulgado de non aceptar o escrito de Carril en que solicita ser citado, en calidade de denunciado, no atestado queda constancia de que o portavoz do BNG participou nos feitos polos que van xulgadas estas tres persoas. No atestado figura: ... se va quitando a varias de las personas agarrándolas por los brazos siendo las más activas en esta resistencia, el concejal de seguridad ciudadana del ayuntamiento de La Coruña por el Bloque Nacionalista Galego (BNG) siendo el señor José Manuel Carril, y el concejal de Ayuntamiento de la Coruña por Izquierda Unida, señor Cesar Santiso, los cuales forcejearon con los policías y se tiraron suelo para evitar ser retirarlos del lugar teniendo que ser agarrados por dos funcionarios cada uno para poder sacarlos del portal e estas dos personas volvieron en dos ocasiones más al portal, saltándose el cordón policial.
Precisamente sobre base do que figura no atestado, Carril decidira denunciarse unha vez tivo coñecemento de que non había ningunha causa aberta contra a súa persoa polos feitos que tiveron lugar o día 18 de febreiro na rúa Padre Feijóo en relación ao desaloxo da Sra. Aurelia Rei. No seu escrito, o nacionalista consideraba que se por estes feitos, que non son rigorosos, nin se axustan a legalidade, nin son constitutivos ningún tipo de responsabilidade penal, se van xulgar tres persoas, habería que xulgar a todos e todas as que alí estivemos presentes, porque a xustiza é igual para todos e todas, razón pola que el, considerando que tamén debería ser xulgado, tomou a decisión de denunciarse.