A campaña do Día da Patria fai parada nos Rosales

A campaña do Día da Patria fai parada nos Rosales

A Coruña, 10 de xullo de 2013.- A campaña do BNG con motivo do Día da Patria fai parada mañá, xoves, no barrio dos Rosales. A partir das 19h, na Praza Elíptica, as nacionalistas desenvolverán un acto aberto ao público centrado, desta vez, no problema da vivenda e do desemprego.

Ademais da intervención da concelleira Avia Veira e da responsábel do Grupo de Barrio, María Calvo, terán voz o activista anti desafiuzamentos Joaquín Díaz e mais Manuel Bouzón, delegado da CIG nunha empresa afectada por un ERE.

 

A campaña do Día da Patria fai parada nos Rosales