A caída de usuari@s de Alvedro evidencian que é necesario artellar un sistema aeroportuario galego

A caída de usuari@s de Alvedro evidencian que é necesario artellar un sistema aeroportuario galego

A Coruña, 10 de xaneiro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG salienta que as baixas cifras de usuarios e usuarias de Alvedro evidencian a necesidade de artellar un sistema aeroportuario galego en clave de cooperación e complementariedade dos tres aeroportos, e nunca na competitividade. O Grupo Municipal do BNG advirte de que o modelo centralista e unipolar do sistema aeroportuario español, do "todo pasa por Madrid" e que contrasta co sistema de xestión descentralizada en toda Europa, está a acentuar a condición periférica de Galiza e impide a viabilidade de Alvedro.

No 2012, empregaron Alvedro 845.452 persoas, un 16,5% menos que no 2011 e as operacións descenderon case un 16%. Nun contexto en que as cifras non deixan de caer, as nacionalistas consideran que o Goberno municipal ten que reaccionar e abandonar a desidia na que está instalado e debe instar a Xunta de Galiza a solicitar a transferencia de de competencias sobre os aeroportos galegos de cara á creación deste sistema aeroportuario de Galiza. Así o solicitara xa o Grupo Municipal do BNG nunha moción presentada en Pleno en xaneiro do 2012, unha iniciativa que fora tombada polo PP.

 

 

A caída de usuari@s de Alvedro evidencian que é necesario artellar un sistema aeroportuario galego