O BNG reclama unha separación entre os poderes públicos e a Igrexa

O BNG reclama unha separación entre os poderes públicos e a Igrexa

A Coruña, 7 de outubro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG non participou esta mañá nos actos relixiosos do Día do Rosario, como tampouco tomou parte da xornada da función do voto. Os e as concelleiras do BNG poñen de manifesto que a aconfesionalidade do Estado español ten que implicar a súa neutralidade. Por iso, advirten de que os poderes públicos deben respectar as crenzas e as celebracións relixiosas da cidadanía, pero non poden participar nelas para garantir o principio de igualdade.

O Grupo Municipal do BNG non concibe que os lexímitimos representantes da cidadanía coruñesa vulneren a aconfesionalidade dos poderes públicos, que teñen que ser neutrais porque representan tanto persoas con crenzas relixiosas como persoas sen crenzas relixiosas, que deben ser tratados exactamente igual.

Os e as concelleiras nacionalistas, que respectan as crenzas de cadaquén, esíxenlle ao Sr. Negreira, moi dado a acudir como alcalde a actos de carácter relixioso, a garantir a legalidade e o principio de igualdade entre os e as cidadás. Lembra o Grupo Municipal do BNG que a relixión pertence ao ámbito das crenzas persoas e que debe practicarse na contorna íntima da persoa.

 

 

O BNG reclama unha separación entre os poderes públicos e a Igrexa