O BNG reclama no Congreso a rexeneración urxente da ría do Burgo
Madrid, 27 de febreiro de 2013.- A deputada do BNG, Rosana Pérez, rexistrou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara para demandar ao Goberno a rexeneración urxente da Ría de O Burgo.
Rosana Pérez pide ao Goberno central que inicie con carácter urxente unha negociación coa Xunta a fin de acometer canto antes o proxecto de Rexeneración da Ría de O Burgo antes de que a UE volte a sancionar al Estado español polo lamentábel deterioro das augas.
A deputada do BNG lembra que o BNG leva anos trasladando ao Congreso e ao Parlamento galego, así como á corporación municipal de A Coruña, numerosas iniciativas demandando a limpeza da Ría, nunha situación de grande deterioro medioambiental e preocupa desde o punto de vista socio-económico porque afecta ao colectivo de mariscadores e mariscadoras da zona.
Salientou a recente visita da europarlamentares que serviu para dar a voz de alarma sobre o deplorábel estado da Ría.
A parlamentar nacionalista subliña que a iniciativa do BNG, logrouse que o anterior Goberno incluíse unha partida nos Orzamentos do Estado destinada á rexeneración da Ría de O Burgo, pero tanto a Xunta como o Goberno central se adicaron a pasarse a pelota, enredados na maraña das respoonsabilidades mutuas e sen resolver o problema destas augas.
Rosana Pérez pón de manifesto que actualmente na Ría de O Burgo só se manteñen 76 mariscadoras a pé e 38 embarcacións de marisqueo a flote para a extracción de ameixa fina, babosa e xapónica, e berberecho.
Unha Ría, puntualiza, na que hai trinta anos mariscaban 2.200 persoas. Hai tres décadas, o 85% dos espazos da Ría eran produtivos cando agora a porcentaxe chega só a un 20%. De continuar este nivel de deterioro, chegaráse á total morte reproductiva.
Ademáis, sinala non hai que esquecer que a desidia de ambas administracións está a levar aos traballadores do mar a un calexón sen saída porque a curto prazo nos podemos enfrontar á desaparición do banco marisqueiro.
Sobre o estado español pode pesar a terceira sanción da UE por non ter saneado a Ría de O Burgo.