O BNG reclama que o Goberno municipal actúe para evitar o peche do comedor de anorexia e bulimia

O BNG reclama que o Goberno municipal actúe para evitar o peche do comedor de anorexia e bulimia

A Coruña, 20 de xaneiro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG rexistrou unha pregunta para a resposta escrita en que dá conta da situación de incerteza que sofre o comedor de anorexia e bulimia da ABAC (Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña). Segundo puideron saber as nacionalistas, o mantemento do comedor subvencionado pola ABAC está en perigo dada a falta de recursos económicos. Advirten as nacionalistas da importancia deste servizo de rehabilitación nutricional que leva 15 anos en funcionamento e que apoia máis dunha vintena de persoas.

Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se coñece a situación en que se atopa o comedor e se ten previsto adoptar algunha medida para axudar a organización, co fin de que se garanta un servizo fundamental para a saúde destes colectivos.

 

 

O BNG reclama que o Goberno municipal actúe para evitar o peche do comedor de anorexia e bulimia