O BNG reclama que os cartos para políticas de asfalto se destinen aos servizos sociais públicos

O BNG reclama que os cartos para políticas de asfalto se destinen aos servizos sociais públicos

A Coruña, 29 outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar reclamacións ao segundo modificativo do orzamento municipal de 2014 co fin de que os cartos destinados a políticas de asfalto e beirarrúas se dediquen ao afortalamento dos servizos sociais públicos. As nacionalistas reclaman que se incorporen ao modificativo de crédito un suplemento de 420.554,68 euros para programas sociais e outro de 250.000 euros para emerxencia social. Para isto, solicitan anular os suplementos de crédito por valor de 850.554,68 euros destinados ás políticas de asfalto (reparación, mantemento e conservación de infraestruturas, por importe de 400.000 euros; estudos e traballos técnicos, por importe de 220.000 euros, e reposición-obras de urbanización, por importe de 230.554,68 euros). Tamén avogan por manter os 80.000 euros relativos ao talón restaurante, os 60.000 euros relativos ao comercio e os 40.000 euros relativos ao ensino.

O Grupo Municipal do BNG lembra que o Goberno do Sr. Negreira acordou neste modificativo suprimir 80.000 euros da partida de talón restaurante, 60.000 euros da partida do plan de dinamización do comercio local e 40.000 euros dos programas educativos e dedicar 850.554,68 euros ao asfalto de vías e ás beirarrúas. Ao dedicar máis un terzo do total do modificativo ás “políticas de asfalto”, o Goberno do Sr. Negreira “fai que fai” nos barrios e tratar de contrarrestar as críticas recibidas por dedicar a meirande parte do investimento público dos orzamentos municipais á zona do Parrote-Mariña.

O BNG denuncia que o mes pasado o Goberno do Sr. Negreira tiña máis do 70% dos investimentos sen executar

O Grupo Municipal do BNG volve criticar a contabilidade do Goberno do Sr. Negreira, que a falta de tres meses para rematar o ano tiña sen executar máis do 70% do investimento. O expediente do citado modificativo de crédito revela que a 24 de setembro de 2014, o Goberno municipal tan só executara o 29,18% do investimento.

Un total de 45.464.969,23 euros eran os créditos totais do capítulo 6 de investimentos reais, destinado a novos equipamentos e infraestruturas ou adquisición de bens inventariábeis no orzamento aprobado para o ano 2014, e 17.689.711,57 euros eran os créditos totais do capítulo 7 de transferencias de capital. A 24 de setembro de 2014, había recoñecidas expresamente obrigas por valor de 16.768.504,39 euros de investimentos reais e tan só 1.663.237,26 de transferencias de capital. Deste modo, quedarían aínda 44.722.939,15 euros por gastar en investimento.

 

O BNG reclama que os cartos para políticas de asfalto se destinen aos servizos sociais públicos