O BNG presenta inciativas para recuperar o uso da piscina da Agra para o IES
A Coruña, 14 de novembro de 2015.- A instancias do Grupo Municipal, o Grupo Parlamentario do BNG, rexistrou unha serie de iniciativas para recuperar o uso das instalacións da piscina da Agra para o alumnado do IES Agra do Orzán.
O BNG presenta unha serie de iniciativas no Parlamento de Galiza para recuperar o uso da piscina para o alumnado do IES Agra do Orzán
O Bloque pregúntanse por que se está a favorecer a unha empresa privada que se encarga das instalacións deportivas, que son de titularidade pública e están instaladas nos terreos, públicos, do IES en vez de que a Consellería de Educación defenda o dereito ao uso da piscina por parte da totalidade do alumnado do entro educativo, conforme se viña facendo dende hai 23 anos.
Deste xeito, as nacionalistas recollen a denuncia da comunidade educativa do IES Agra do Orzán. Lembran que hai máis de dúas décadas o IES cedeu espazo para que se puidera construír unha piscina e máis un Polideportivo, dependentes da Xunta, para uso prioritario dos alumnos do centro. Así, desde hai xa 23 anos víñase utilizando a piscina polo alumnado do IES conforme ao acordado no convenio de construción do mesmo.
O Bloque presentou diversas preguntas, tanto para a súa resposta oral como por escrito, nas que solicita saber que criterios seguiu a Consellería de Educación para prohibir o uso da piscina ao alumnado conforme o viñan facendo nos 23 últimos anos
Sen embargo, no pasado mes de outubro, a Consellería de Educación comunicoulle ao centro, a prohibición do uso da piscina (Complexo Polideportivo Agra I) ao alumnado de ESO e de 1º de Bacharelato do IES, despois de usalo en quendas rotatorias durante 23 anos; uso do que pode dar fe a comunidade educativa do centro.
O BNG comparte a demanda da comunidade educativa que reclama da Consellería de Educación que autorice o uso da piscina, conforme se viña facendo dende hai 23 anos, para todo o alumnado do IES do Agra do Orzán. Amais, o Bloque entende que a Consellería de Educación debe dar prioridade á calidade do ensino público galego fronte ao beneficio privado dunha concesionaria, e por esa razón debe retirar a resolución que prohibe o uso das instalacións para que poidan seguir sendo usadas polo alumnado, nas mesmas condición nas que o viñan facendo dende fai 23 anos.
É por iso que o BNG lle pregunta á Consellería de Educación que criterios seguiu para prohibir o uso da piscina (propiedade da Consellería de Educación) ao alumnado de ESO e 1º de Bacharelato do IES Agra do Orzán, como valora as demandas da Comunidade Educativa, para que o alumnado do Centro, poida seguir usando as instalacións da Piscina do Complexo Deportivo Agra I conforme o viña facendo nestes últimos 23 anos e se ten previsto defender a calidade do ensino público do IES Agra do Orzán e autorizar o uso das instalacións da piscina, por parte do alumnado, conforme o viñan facendo desde hai de máis de dúas décadas.
As nacionalistas tamén presentaron unha proposición non de lei para que dea prioridade á calidade educativa fronte ao beneficio privado e que permita o acceso de todo o alumnado do IES Agra do Orzán ás instalacións deportivas
Por último as nacionalistas tamén presentaron unha proposición non de lei para que o Parlamento de Galiza inste á Consellería de Educación a que dea prioridade á calidade educativa fronte ao beneficio privado e a que permita o acceso de todo o alumnado do IES Agra do Orzán ás instalacións deportivas da piscina, nas mesmas condicións nas que o viñan facendo os últimos 23 anos.