O BNG pedirá en Pleno apoiar @s traballador@s de Teleperformance

O BNG pedirá en Pleno apoiar @s traballador@s de Teleperformance

A Coruña, 5 de maio de 2013.- O Grupo Municipal do BNG formulará en Pleno un rogo oral para que o Concello da Coruña apoie as reivindicacións das traballadoras de Teleperformance e para que adopte as medidas oportunas para evitar os despedimentos de 105 postos de emprego. No rogo oral, presentado a instancias do Comité de Empresa, as nacionalistas sinalan que Gas Natural Fenosa decidiu eliminar a atención ao cliente de Unión Fenosa Comercial desde o vindeiro 1 de xuño, facendo desaparecer a comercializadora e trasladando os clientes a Gas Natural Servizos, unha manobra que pon en serio perigo máis de cen postos de traballo na Coruña.

En Teleperfomance A Coruña prestan servizos de atención ao cliente para Gas Natural Fenosa un total de 311 persoas das que 105 prestan servizo a Unión Fenosa Comercial. Estas 105 persoas pregúntanse que vai acontecer cos seus postos de traballado a partir do 1 de xuño e máis ante a falta de información que están a sufriren por parte da empresa. Algunha das persoas afectadas, sinalan as nacionalistas, traballan para este cliente desde hai 21 anos e a propia Teleperformance lle trasladou ao persoal afectado que o Grupo Gas Natural Fenosa está altamente satisfeito co servizo que se presta desde A Coruña. Porén, a día de hoxe aínda non está concretada ningunha medida encamiñada a garantir os postos de traballo.

O Comité de Empresa, recolle o Grupo Municipal do BNG no rogo oral, desexa que a valoración tan positiva que se fai das traballadoras se traduza na conservación dos postos de traballo e non só en louvanzas sobre o labor que desenvolven. Por último, as nacionalistas amosan o o seu apoio ao calendario de mobilizacións aprobada polo persoal de Teleperformance.

 

 

O BNG pedirá en Pleno apoiar @s traballador@s de Teleperformance