O BNG pide que se neutralicen as consecuencias negativas da Feira das Marabillas na Cidade Vella
A Coruña, 29 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG avoga por que o Concello neutralice, de cara ao vindeiro ano, as consecuencias negativas que teñen para a veciñanza da Cidade Vella as actividades que se desenvolveron no marco da Feira das Marabillas na Cidade Vella, nomeadamente o ruído e mais a sucidade. Os 220 postos que montados nas rúas da Cidade Vella e que estaban abertos de 11-14h e de 17-00h provocáronlles molestias aos veciños e veciñas do barrio ao longo dos seis días que durou a feira.
O Bloque denuncia que o domingo, día da clausura da Feira das Marabillas, desmontáronse os postos de comida, artesanía ou exposicións a partir do horario de peche, ás 00h, o que impediu o descanso dos veciños e veciñas, que xa viñan soportando o ruído e os malos olores dos días anteriores. Ademais, ás 9.30h da mañá do luns aínda podía verse lixo polo chan e papeleira desbordadas na contorna da Cidade Vella e da Rúa Real.