O BNG parabeniza os traballadores de Nostián pola súa loita sindical exemplar
14 nov. 2013 - 16:26
A Coruña, 14 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG parabeniza os traballadores da planta de Nostián que, logo de 108 días de folga, lograron pórlle fin a un conflito laboral ocasionado por Albada.
O BNG destaca que foron os traballadores, eles sós, quen puxo fin á folga, a pesar do papel cómplice do Goberno do Partido Popular cunha empresa que está a incumprir as condicións do contrato da concesión do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos.