O BNG organiza unha asemblea aberta sobre o roubo descarado das compañías eléctricas
A Coruña, 2 de decembro de 2013.- O BNG da cidade da Coruña organiza unha asemblea aberta sobre o atraco a man armada do subministro eléctrico. A deputada do BNG Carme Adán, o ex parlamentar Fernando Branco e mais o asesor enerxético Xosé M. Golpe debullarán a situación actual de roubo descarado por parte das compañías eléctricas e explicarán como ler os recibos da luz. Ademais, darán conta da nova Lei do Sector Eléctrico e da necesidade dunha tarifa propia para Galiza.
Con este acto, o BNG da cidade da Coruña denuncia os escuros recibos da luz, as subidas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas que se aproveitan dos nosos recursos.
A asemblea, aberta a todas as persoas interesadas, terá lugar este mércores, ás 20h, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (r/Olmos, 16).