O BNG lémbralle ao Sr. Negreira que encareceu a auga unha media de 13 euros por recibo

O BNG lémbralle ao Sr. Negreira que encareceu a auga unha media de 13 euros por recibo

A Coruña, 5 de marzo de 2013.- O Grupo Municipal do BNG lémbralle ao Sr. Negreira que o seu Goberno encareceu o servizo da auga. E é que esta mañá, o alcalde, en declaracións aos medios, presumía do prezo do recibo dos coruñeses e coruñesas. Ademais dos cambios na cota da taxa fixa a pagar e do caudal contratado, o Goberno do Sr. Negreira subiu o prezo do servizo de sumidoiros, que se duplicou, subiu o servizo de depuración, que aumentou un 460%, estabeleceu unha nova taxa de 12 euros pola alta do servizo e aumentoulles o 1,5% as tarifas do subministro de auga aos concellos da comarca.

O encarecemento do recibo da auga levara o BNG a realizar asembleas abertas en todos os barrios da cidade e a entregar máis de 1.800 reclamacións contra o que as nacionalistas cualificaron como "estafa". O BNG xa denunciara entón que o sobrecusto da auga na cidade da Coruña contradí a Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos, que obriga a que as taxas municipais dun servizo como a auga só cubran custos de explotación e non máis.

 

 

O BNG lémbralle ao Sr. Negreira que encareceu a auga unha media de 13 euros por recibo