Alcoa quere reducirlles o salario @s traballadores malia os 191 millóns de dólares de beneficio

Alcoa quere reducirlles o salario @s traballadores malia os 191 millóns de dólares de beneficio

A Coruña, 5 de marzo de 2013.- O BNG da Coruña transmítelle o seu apoio aos traballadores de Alcoa, que protestan estes días contra a pretensión da empresa de lles rebaixar o salario. Os empregados, cos que se puxeron en contacto os nacionalistas, sinalan que a empresa xa non lles aplicou as subas recollidas no convenio para este ano e denuncian que a diminución do 7% do salario suporá ver minguadas as súas nóminas en 3.000 euros ao ano.

O BNG lamenta o abuso da empresa, a maior produtora de aluminio dos EUA, que unha vez que conseguiu unha tarifa eléctrica competitiva quere agora recortarlles os salarios aos seus traballadores. Advirten os nacionalistas de que Alcoa pechou o 2012 cun beneficio neto de 191 millóns de dólares e que a multinacional prognosticou que a demanda mundial de aluminio aumentará un 7% no 2013.

En relación á tarifa eléctrica, o BNG insiste en que é indispensábel unha tarifa propia para Galiza, xa que o marco legal así o permite. Os nacionalistas lembran que Galiza, país especializado na produción enerxética e que ve espoliados os seus recursos en beneficio das grandes empresas, ten unha das tarifas máis caras da UE e con maiores custos de distribución.

 

Alcoa quere reducirlles o salario @s traballadores malia os 191 millóns de dólares de beneficio