O BNG homenaxea a Moncho Valcarce este sábado en Santo Amaro
A Coruña, 27 de xaneiro de 2014.- O BNG da Coruña, a través do grupo de barrio de Monte Alto, organiza a súa homenaxe anual a Moncho Valcarce, coincidindo coa data do seu pasamento. O acto, que terá lugar este sábado, 1 de febreiro, ás 13h no cemiterio de Santo Amaro, contará coa presenza do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence.
Coñecido como o crego das Encrobas, pola súa participación activa en defensa dos labregos e labregas desta parroquia de Cerceda, e polo seu apoio ás clases populares, Moncho Valcarce tamén impulsou a causa en Xove, nas Enchousas ou en Baldaio. Ademais, foi salientábel o seu labor en rexeitamento á cota empresarial, que o levou a ser obxecto de malos tratos, detencións, sancións e mesmo da marxinación eclesiástica.
Moncho Valcarce faleceu o 1 de febreiro de 1993, aos 57 anos de idade, e foi soterrado en Santo Amaro baixo a bandeira da Patria.