O BNG felicita o Liceo
A Coruña, 16 de xuño de 2013.- O BNG da Coruña parabeniza o HC Coinasa Liceo, que vén de engadir ao seu gran palmarés un título de liga, vinte anos despois. Ao Club resistíaselle o maior título estatal desde había 20 anos. Porén, o equipo coruñés atopou na noite de onte, sábado, a resolución máis feliz. Trátase da sétima liga do club, a primeira desde 1993, superando a un Barça todopoderoso que non puido impedir a fazaña dos verdes.
As nacionalistas felicitan, así, o club con máis títulos de Galiza: nove Copas do Rei, seis Copas de Europa, dúas Recopas, tres CERS, seis Copas Continentais e cinco Intercontinentais.