O BNG fai unha ofrenda floral a Curros este mércores nos Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña, 22 de xullo de 2014- O Bloque Nacionalista Galego da Coruña celebra mañá o acto central da campaña que desenvolve con motivo Día da Patria cunha ofrenda floral a Curros Enríquez ás 20h nos Xardíns de Méndez Núñez.
A homenaxe contará coas intervencións do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e do responsábel comarcal de Galiza Nova, Dani García. Ademais, haberá actuacións musicais a cargo da artista moza Carme Rodríguez.
Antes da ofrenda a Curros, que este ano cumpre a súa vixésima edición, o BNG repartirá bandeiras da Patria para pendurar dos balcóns e das fiestras para celebrar o 25 de xullo.