O BNG exixe que se cubra a praza de Pediatría dos Rosales o 28, 29 e 30 de maio

O BNG exixe que se cubra a praza de Pediatría dos Rosales o 28, 29 e 30 de maio

A Coruña, 15 de maio de 2015- A instancias de veciños e veciñas dos Rosales, o BNG anuncia a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego co fin de que se garanta o servizo de Pediatría no centro de saúde deste barrio os días 28, 29 e 30 de maio. E é que, segundo se lles está a informar aos veciños e veciñas desde o propio centro de saúde, o 28, 29 e 30 de maio non se dan citas porque o Sergas non vai substituír unha das dúas pediatras que, de maneira habitual, atenden as crianzas.

O BNG pon de manifesto que a non cobertura de días libres é consecuencia do desmantelamento da sanidade pública a mans do Partido Popular e dos seus recortes. Neste contexto, exíxelle á Consellaría de Sanidade unha rectificación inmediata, co fin de que se substitúa a pediatra os días 28, 29 e 30 maio e para que, como cada día, poida haber a disposición das persoas usuarias dous pediatras nos citados días.

 

O BNG exixe que se cubra a praza de Pediatría dos Rosales o 28, 29 e 30 de maio