O BNG exixe que se anchee a totalidade das beirarrúas da rúa do Observatorio

O BNG exixe que se anchee a totalidade das beirarrúas da rúa do Observatorio

Observatorio 1A Coruña, 5 novembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que anchee a totalidade das beirarrúas da rúa do Observatorio, e non acometa as obras de mellora tan só nun terzo da rúa, que é o que está a acontecer. Observatorio 2

Paradoxalmente, estas actuacións na rúa Observatorio tiñan como finalidade mellorar a accesibilidade e, lonxe disto, deixan beirarrúas de tan só 50 cm. que dificultan o paso de persoas con mobilidade reducida e con carriños de bebé.

As nacionalistas, que falan de estafa, critican o disparate desta obra que deixa a rúa a medio rehabilitar e cuxa reforma remata cunha beirarrúa en forma de funil. Deste xeito, a reforma da rúa Observatorio quedará a medio acometer. Precisamente, as nacionalistas presentaron unha batería de preguntas para a resposta escrita co fin de saber por que o Goberno do Sr. Negreira renuncia á reforma do totalidade da rúa.

 

O BNG exixe que se anchee a totalidade das beirarrúas da rúa do Observatorio