O BNG esíxelle ao Sr. Negreira que cumpra cos traballadores de Alcoa
A Coruña, 20 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG esíxelle ao Sr. Negreira que cumpra o acordo da moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación para garantir os postos de traballo en Alcoa. Nesta iniciativa, pedíase instar a Xunta de Galiza e ao Goberno central a resolver o mantemento da actividade industrial e os postos de emprego ameazados nesta empresa.
As mocións teñen que servir de algo e non poden quedar en papel mollado, sinalan os nacionalistas, que acusan o Goberno local de desleixo e de facer que fai, cando non foi quen de convencer os seus gobernos amigos de poñerlle solución á inestabilidade dos traballadores de Alcoa. Tamén acusan a número do 1 do PP pola Coruña, a conselleira do desemprego, Beatriz Mato, de abandonar a súa sorte os empregados de Alcoa na planta da Coruña e na da Mariña.
O tempo esgótase, advirten os nacionalistas, que xa presentaran unha pregunta para resposta escrita co fin de coñecer os trámites levados a cabo polo Goberno local en cumprimento da moción. Esta iniciativa recibiu unha resposta vaga na que o Sr. Negreira non concretou ningunha medida en defensa dos postos de traballo nesta empresa.
O BNG lembra que Alcoa ten que saber se vai dispor dunha tarifa enerxética competitiva antes do 5 de outubro (prazo relacionado cos prazos para pechar os contratos cos seus clientes para o vindeiro ano). Neste contexto, o BNG pídelle ao Sr. Negreira que urxa os Gobernos central e galego a comprometerse para darlle unha solución rápida ao problema da tarifa eléctrica.