O BNG esíxelle ao Goberno municipal que reciba a asociación de veciñ@s do Birloque

O BNG esíxelle ao Goberno municipal que reciba a asociación de veciñ@s do Birloque

A Coruña, 18 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG esíxelle ao concelleiro de Urbanismo, Martín Fernández Prado, que reciba a Xunta Directiva da A VV “Os Anxos” do Birloque, un barrio que sofre as obras da terceira rolda e que pode quedar illado do resto da cidade. A concelleira nacionalista María Xosé Bravo faise así eco do escrito rexistrado polos responsábeis da entidade veciñal para seren recibidos polo edil de Urbanismo.

Bravo, que asistiu á última asemblea veciñal, denuncia o desleixo do Goberno municipal, que ten abandonada a veciñanza á súa sorte no Birloque. “É inadmisíbel a actitude do Goberno do Sr. Negreira, que está a facer oídos xordos ás demandas dos habitantes”, sinala. A concelleira nacionalista pídelle ao Concello da Coruña, como administración máis próxima á cidadanía, que medie con Fomento e que impida que zonas do Birloque fiquen incomunicadas. “Aínda que o proxecto se fixer mal, os veciños e veciñas non poden estar a pagalo”, sinala. Nesta liña, Bravo esixe que se renuncie a suprimir a conexión para vehículos entre a avenida de Glasgow e a de Pablo Picasso, incluída no proxecto para reformar Salgado Torres.

 

 

O BNG esíxelle ao Goberno municipal que reciba a asociación de veciñ@s do Birloque