O BNG esixe transparencia na xestión da canceira municipal
A Coruña, 15 de xaneiro de 2014.- A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou na mañá de hoxe dúas iniciativas co fin de acabar coa falta de transparencia ao redor da xestión da canceira municipal. A instancias do colectivo animalista Libera, a concelleira do Bloque pídelle ao Goberno municipal a maior información posíbel sobre as recollidas e posteriores acollidas de animais domésticos, co fin de que cada persoa teña os datos suficientes para apostar pola adopción de animais abandonados.
Nestas preguntas para a resposta escrita, Avia Veira pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se pensa desenvolver algunha iniciativa para publicar un rexistro actualizado das entradas e das saídas de animais da canceira municipal e se ten previsto impulsar a páxina web dedicada á canceira. Ademais, Avia Veira pregúntalle ao Goberno municipal polo número de adopcións, de sacrificios e recollidas de animais, así como de gatos de colonias.