O BNG empraza o Goberno municipal a arranxar os semáforos da Ponte da Pasaxe

O BNG empraza o Goberno municipal a arranxar os semáforos da Ponte da Pasaxe

A Coruña, 6 de xaneiro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno do Sr. Negreira a tomar as medidas necesarias para solucionar o funcionamento deficitario dos semáforos que hai na contorna da rotonda da Ponte da Pasaxe. Segundo advirte a concelleira Avia Veira nunha iniciativa presentada, os semáforos permanecen en ámbar, en moitas ocasións, e non funcionan os botóns dos semáforos peonís. Alerta tamén de que moitos condutores e condutoras non cumpren coa sinaléctica horizontal. “Todas estas circunstancias poñen en perigo a seguridade viaria da zona”, apunta Veira.

Ante esta situación, a concelleira do BNG pregúntalle ao Goberno municipal se é coñecedor do mal funcionamento destes semáforos e se está tomando as medidas oportunas para corrixir as deficiencias.

 

 

O BNG empraza o Goberno municipal a arranxar os semáforos da Ponte da Pasaxe